Friday 10 de May de 2024

A secretaria xeral para o Deporte comproba o estado do polideportivo de Bergondo en Noia (A Coruña) tras as obras de construción dos vestiarios


O importe total das actuacións ascende a 89.999,93 euros subvencionados pola Secretaría Xeral para o Deporte cunha achega de 59.509,47 euros e mais polo Concello de Noia que achegou os restantes 30.490,46 euros

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, visitou o concello coruñés de Noia onde supervisou o estado final das obras de construción dos vestiarios do polideportivo de Bergondo que servirán para “potenciar e fomentar o desfrute do deporte no municipio noiés”.

A máxima responsable do deporte galego insistiu unha vez máis na importancia da coordinación entre as diferentes institucións públicas para acadar un mapa de infraestruturas deportivas renovado e que cubra á perfección as necesidades da poboación galega.

O importe total das actuacións realizadas ao abeiro do convenio asinado entre Xunta e Concello o pasado 1 de agosto de 2017, ascende a 89.999,93 euros que foron subvencionados pola Secretaría Xeral para o Deporte cunha achega de 59.509,47 euros e mais polo Concello de Noia que achegou os restantes 30.490,46 euros.